Sementeira é o club de resolución de problemas da facultade matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Centrámonos principalmente na resolución de problemas de olimpíadas matemáticas.

Nesta web poderás atopar distintos recursos que fumos creando ao longo dos anos. Destaca a nosa colección de problemas de olimpíadas matemáticas traducidos ao galego.

Colección de problemas de olimpíadas matemáticas

Na carpeta de Problemas pódense atopar unha recua de enunciados (coas correspondentes solucións) de diversas olimpíadas matemáticas. Cada problema atópase nunha páxina individual. Ao final da páxina de cada un deles hai unha sección de comentarios na que é posible plasmar as dúbidas que poidades ter resolvendo os problemas, ou mesmo onde poder compartir as vosas propias solucións dos mesmos.

Seminarios presenciais de Sementeira na USC

Se asistes (ou asistiches en cursos anteriores) aos seminarios presenciais de Sementeira que se imparten na facultade de matemáticas da USC, podes revisar na carpeta Seminarios as listas cos problemas traballados nas súas sesións.