Benvido, cazador. Se aínda non estás rexistrado no Gremio de Cazarrecompensas, preme na seguinte ligazón. Se xa estás rexistrado, le as instrucións que veñen a continuación.

Para enviar os problemas, facédelo dende o correo que puxéchedes á hora de inscribirvos ao correo (mestrecazador@gmail.com) poñendo como asunto “Xornada10.NivelX”. Un correo por problema.

Recordámosvos tamén que o Problema 2 de Nivel 3 da Xornada 5, o problema de Nivel 1 da Xornada 6, o problema de Nivel 2 da Xornada 7, o problema de Nivel 3 da xornada 8 e os problemas de Nivel 1 e 3 da xornada 9 seguen sen resolver, polo que a súa puntuación aumenta nun punto adicional.

Ademais, informámosvos de que a seguinte xornada será a última desta edición de Búscase Solución. Esperamos que desfrutárades moito ese ano deste concurso e que sigades participando o ano que vén. Ánimo, que esta é a recta final da cacería de problemas! Ah, tamén dicirvos que a Presa Atrapalladora xa non ten o control do concurso.

“Que gane o mellor!”

Se tedes algunha dúbida, podedes contactar á organización empregando o seguinte correo (mestrecazador@gmail.com).