Benvido, cazador. Se aínda non estás rexistrado no Gremio de Cazarrecompensas, preme na seguinte ligazón. Se xa estás rexistrado, le as instrucións que veñen a continuación.

Para enviar os problemas, facédelo dende o correo que puxéchedes á hora de inscribirvos ao correo (mestrecazador@gmail.com) poñendo como asunto “Xornada3.NivelX”. Un correo por problema.

Recordámosvos tamén que o de Nivel 3 da Xornada 2 segue sen resolver, polo que a súa puntuación aumenta nun punto adicional. Ademais, o premio de beleza no problema de NIvel 1 da Xornada 2 quedou deserto, xa que todas as solucións que chegaron eran esencialmente as mesmas e non podíamos escoller. A primeira que chegue que sexa esencialmente distinta levará dito premio.

“Que gane o mellor!”

Se tedes algunha dúbida, podedes contactar á organización empregando o seguinte correo (mestrecazador@gmail.com).