Benvido, cazador. Se aínda non estás rexistrado no Gremio de Cazarrecompensas, preme na seguinte ligazón. Se xa estás rexistrado, le as instrucións que veñen a continuación.
Para enviar os problemas, facédelo dende o correo que puxéchedes á hora de inscribirvos ao correo (mestrecazador@gmail.com) poñendo como asunto “Xornada8.NivelX”. Un correo por problema.
Recordámosvos tamén que o Problema 2 de Nivel 3 da Xornada 5, o problemas de Nivel 1 da Xornada 6 e o problema de Nivel 2 da Xornada 7 seguen sen resolver, polo que a súa puntuación aumenta nun punto adicional.
Nivel 1
Calcula tódolos puntos racionais da circunferencia de centro e raio .
Nivel 2
Atopa tódalas funcións que cumpran as seguintes condicións:
. .
Nivel 3
Temos un cubo de tamaño , que imos encher usando os seguintes tipos de pezas:
-Pezas tipo L: Consiste en tres cubos de xeito que non están aliñados.
-Pezas tipo C: Consiste nun cubo formado por lados de dous cubos .
-Pezas tipo S: Consiste nunha peza tipo C que cortamos pola metade e desprazamos unha desas metades unha unidade unha dirección do plano do corte que sexa perpendicular a unha das caras do cubo. Nota que a peza segue sendo conexa, xa que non podes levantar, ao non ser esa unha dirección do plano do corte.
a) Supoñendo que é posible encher o cubo con estas pezas, cantas pezas tipo L necesitamos como mínimo?
Agora queremos xeneralizar o resultado a dimensións. O hipercubo pasa a ter tamaño . Agora, as nosas novas hiperpezas son:
-Hiperpezas tipo L: Consiste en tres hipercubos de xeito que non están aliñados.
-Hiperpezas tipo C: Consiste nun hipercubo formado por lados de dous hipercubos .
-Hiperpezas tipo S: Consiste nunha peza tipo C que cortamos pola metade e desprazamos unha desas metades unha unidade unha dirección do hiperplano do corte que sexa perpendicular a unha das caras do hipercubo. Nota que a peza segue sendo conexa, xa que non podes levantar, ao non ser esa unha dirección do hiperplano do corte.
b) Supoñendo que é posible encher o hipercubo con estas pezas, cantas hiperpezas tipo L necesitamos como mínimo?
Nota: A suposición de que sexa posible encher o cubo/hipercubo é porque, para baixos, as pezas/hiperpezas necesarias ocupan máis que o propio cubo/hipercubo.
“Que gane o mellor!”
Se tedes algunha dúbida, podedes contactar á organización empregando o seguinte correo (mestrecazador@gmail.com).

