Enunciado
Gatos e cans nun refuxio de animais:
| Gatos | Cans | |
|---|---|---|
| San | 12 | 17 |
| Enfermo | 4 | 7 |
| Tomando un ao chou, calcula a probabilidade de que: |
- a) Sexa can.
- b) Está enfermo.
- c) Sexa un gato san.
- d) Sabendo que está enfermo, que sexa gato.
Resolución
Solución por Carla Dopazo Pavón
Para resolver este problema empregaremos a fórmula de probabilidade de Lagrange. Casos totais para a), b) e c): Calculemos cantos animais hai en total, sumando todas as categorías (xa que non hai ningún animal que estea á vez en dúas ou maís categorías da táboa). É dicir hai casos totais. Vexamos agora os casos favorábeis en cada apartado. a) Calculemos cantos cans hai, para iso sumaremos os cans enfermos e os sans, é dicir cans. Polo que
b) Vexamos agora cantos animais están enfermos, polo que sumamos o número de cans enfermos e de gatos enfermos, obtendo animais enfermos. Asi,
c) Para os gatos sans, podemos obter os datos directamente da táboa. Obtemos así
d) Para este apartado hai que ter en conta que condicionan os casos totais ao dicirnos que sabemos que está enfermo. Isto quere dicir que sabemos que estamos escollendo un animal enfermo, polo que os casos totais son . Por outra banda, para os casos favorábeis, simplemente temos que coller o número de gatos enfermos polo tanto,
Dúbidas & Comentarios
Nesta sección pódesnos deixar as túas dúbidas e comentarios a cerca do problema anterior. Non teñas teima en preguntar, estamos aí para botar unha man!

