Enunciado
Logo do remate da fase regular dun torneo profesional de bolos, os 5 mellores xogadores xogan unha fase final. Nela o 5º clasificado comeza enfrontándose co 4º. Quen perda este enfrontamento terá o 5º premio, mentres que o gañador xogará contra o 3º clasificado noutro partido. Quen perda recibirá o 4º premio, mentres que o gañador xogará contra o 2º clasificado. Quen perda recibirá o 3º premio, e o gañador xogará contra o 1º clasificado, repartíndose neste último partido o 1º e 2º premio. En cantas ordes ponden quedar os xogadores á hora de recibir os premios?
Resolución
Pista
Cantas opcións temos en cada enfrontamento?
Solución
Hai 4 partidos na fase final, en cada partido hai dous resultados posibles. Para cada conxunto de 4 resultados posibles nos 4 partidos entréganse os premios dun xeito distinto. Entón hai posibles ordes.
Dúbidas & Comentarios
Nesta sección pódesnos deixar as túas dúbidas e comentarios a cerca do problema anterior. Non teñas teima en preguntar, estamos aí para botar un man!