Enunciado
Os tres lados dun triángulo equilátero supóñense reflectores (salvo nos vértices), de xeito que reflicten cara dentro do triángulo os raios de luz situados no seu plano, que incidan sobre eles e que saian dun punto interior do triángulo.
Determinar o percorrido do raio de luz que, partindo dun vértice do triángulo alcance a outro vértice do mesmo despois de reflectirse sucesivamente nos tres lados do triángulo.
Calcular a lonxitude do camiño seguido pola luz, supoñendo que o lado do triángulo mide 1 unidade.
Resolución
Pista
Construír o simétrico do triángulo respecto a cada lado no que se produce a reflexión e continuar a progresión do raio no triángulo creado (como se non houbese reflexión), para que esta sexa unha liña recta da que podes achar a súa lonxitude.
Solución
Como diciamos na pista, construímos copias do triángulo de xeito que poidamos reconstruír a traxectoria do raio conformando unha liña recta:
Posteriormente só temos que medir a lonxitude deste segmento, obtendo
Dúbidas & Comentarios
Nesta sección pódesnos deixar as túas dúbidas e comentarios a cerca do problema anterior. Non teñas teima en preguntar, estamos aí para botar unha man!


