Enunciado
O díxito das decenas do cadrado dun número é 7, cal é o díxito das unidades do cadrado?
Resolución
Pista
Trata de ver como se calcula o díxito das decenas dun cadrado.
Solución
O díxito das decenas dun cadrado é dúas veces o primeiro dixito do produto entre as unidades e as decenas máis o segundo díxito do cadrado das unidades. Como o 7 é impar o díxito das decenas do cadrado das unidades debe ser impar tamén polo que será un 4 ou un 6. Por último, como en ambos casos o cadrado terá un 6 nas unidades concluimos que esa é a resposta.
Dúbidas & Comentarios
Nesta sección pódesnos deixar as túas dúbidas e comentarios a cerca do problema anterior. Non teñas teima en preguntar, estamos aí para botar unha man!

